A EFF Rosalía comunica a todos os membros do club e familiares.
Despois de reunirse a directiva e estudar os consellos das autoridades sanitarias sobre as medidas a seguir polo coronavirus COVID-19, decidiuse suspender todos os adestramentos dos equipos Promesas, infantil e sénior ata novo aviso, ademais de mandar unha circular a todos os pais, nais e xogadoras das medidas a adoptar.
Os partidos que estaban previstos para esta fin de semana e a seguinte, correspondentes á Liga Promesas, Liga infantil feminina e 2ª división galega feminina, non se disputarán despois do adoptado pola Futgal.
Así mesmo, solicitamos a todos os familiares e xogadoras que sigan os consellos establecidos por parte das autoridades competentes.