O equipo Promesas logrou a vitoria no primeiro partido da Liga Promesas Feminina fronte un Umia que nada pudo facer ante as xogadoras maís experimentadas do equipo dirigido por María Feijóo.
Despois de máis dun ano sen competición oficial, a Escuela de Futbol Femenina Rosalía Promesas voltaba ao Monte da Aira para iniciar a Liga 2020/21 na matinal do domingo. Tanto o Umia como as azuis teñen unhas plantillas moi variadas en idade con xogadoras que van dende idade prebenxamín ata edad alevín, pero é certo que as nosas teñen tres ou catro xogadoras con máis experiencia na categoría, xa que levan dende prebenxamines xogando e son agora alevíns e foron as que marcaron a diferencia sobre o verde.
O rematar o partido a nosa adestradora, María Feijoo, valoraba así o encontro: “As nenas volveron a competir con bo pé conseguindo a primeira vitoria. A ida vai ser unha incertidume porque non sabes que te vas atopar nos rivais. Á hora de realizar a análise do partido baseámonos na tempada anterior en canto aos resultados e nos atopamos a un Umia que está en plena construción.” “Intuíamos que a vitoria tiña que ser nosa así que a idea era empregar este partido para aplicar o xogo ao que queremos que nos identifiquen. O resultado é o de menos porque non se reflexou un xogo característico mencionado anteriormente, fáltanos iso, a min e a Miguel quedounos un mal sabor de boca.”
“Queda moito por traballar e teñen que seguir progresando porque sabemos de sobra que poden. Agora xa temos a mente posta no partido do próximo fin de semana nas Baloutas que vai ser a priori o máis complicado da primeira fase”, rematou dicindo a técnico.