Saa: “Nós temos que pensar en nós”

“Balaidos creounos moitas dificultades para xerar ocasións na ida”, dixo o técnico.

Miguel Saa compareceu ante os medios de comunicación na previa do encontro da decimosexta xornada de Liga, no que a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía enfrontarase ao Balaidos no Municipal de Oira (12:00 h, domingo). O técnico dixo: “É importante xogar ben e mellorar, gañar ou non depende tamén das rivais e as circunstancias que se dean no partido. Ao final, nós temos que pensar en nós e traballar para crecer”.

Rival
“Alí xogaron un partido moi serio, creáronnos moitas dificultades para xerar ocasións. A súa porteira pareceunos das mellores da liga. Malia a posición na táboa, creo que elas noutros grupos se meterian en playoff sen problema ningún”.

Estado do equipo
“O equipo está ben. Estamos traballando intentando estar concentradas no noso e, ademais, desde o coiro técnico estamos seguros que van realizar un gran partido o domingo”.

Bo sabor de boca a pesar do resultado no último partido en casa.
“Quizais si, aínda que hai que convencer ás xogadoras que é a liña a seguir e que aínda que nos quedásemos sen premio, esa é a nosa idea. Está claro que no próximo mes xogámonos moito a nivel deportivo e iso fainos estar máis concentradas ante os partidos importantes que nos esperan”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content