Nova cara no cuadro técnico do clube

Adolfo Barbosa xa leva traballando con nós unhas semanas e definitivamente incorporase ó corpo técnico do equipo senior que disputa a 2ª división autónomica feminina como técnico en quiromasaxe.

Adolfo Barbosa posa diante do mural de Rosalía de Mon Devane

Adolfo Barbosa é masaxista terapéutico e deportivo, técnico en quiromasaxe, lesións deportivas e osteopatía, ademáis de posuir o título nivel-1 de adestrador de fútbol, con pasado no Ourense CF e a pasada tempada na Unión Deportiva Ourense Feminina.

Para o clube, o poder contar cun profesional cos seus coñecementos é un paso adiante no crecemento da escola, xa que as xogadoras podrán ter ao seu carón a un especialista en lesións deportivas, tanto no tratamento, como na recuperación e a prevención.

Benvido Adolfo!!!

Check Also

0-8: Goleada en el Manuel Silva

As pontinas superaron con comodidade ao conxunto teense e continúan en fase de ascenso. A …

Skip to content