Este sábado comeza a segunda fase na Liga Galega Promesas. Á competición a partires de agora constará de catro concentracións nas que na competición xuntaranse os dous grupos, o norte e o sur.
Haberá un grupo “A” no que participarán os catro primeiros clasificados do grupo norte e os catro primeiros clasificados do grupo sur (Orzán, Victoria, Calvo Sanz, Milagrosa, Rosalía, Valladares, Arousana e Umia). No grupo “B”, máis reducido, participarán os dous últimos do norte, cos catro últimos do sur (Pastoriza “A”, Pastoriza “B”, Interrías, Mos, San Mateo y Rosalía “B”).
Os dous grupos xogarán entre eles a unha sola volta e os dous primeiros de cada grupo disputarán unha fase final, o 13 de abril no Monte da Aira de Velle que constará de semifinais e final.
Os nosos equipos chegan a esta primeira concentración con obxectivos ben diferentes. O Rosalía “A” despois do pleno que realizou na fase sur parte ca ilusión de clasificarse para esa fase final, ademáis co aliciente de ser na nosa casa. Mentres o Rosalía “B” parte co obxectivo de seguir aprendendo, seguir formándose e divertíndose e ben de seguro que darán máis dun disgusto durante esta fase.
O sábado en Valladares poderemos desfrutar da primeira das catro concentracións previas á fase final… a por todas pequenas!!!