Recibimos ó Cultural Areas nunha data especial para o noso clube

24 de febreiro, día do nacemento da poetisa que lle deu nome ó noso clube. Data no que se conmemoraba o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, para tal ocasión, igual que fixemos o ano pasado cando pertencíamos a AD Bosco, agasallamos a cada unha das nosas rivais cunha tarxeta cunha estrofa dunha obra de Rosalía e unha flor.

O alcalde de Ourense achegouse ata o Monte da Aira a ver a homenaxe a Rosalía de Castro e tamén recibiu a súa tarxeta e a súa flor

Estupenda mañá a que nos atopamos o domingo, o sol lucía no azul do ceo e a pesar de ter que adiantar todos os nosos encontros a mañá era espléndida e máis que agradable.

O Cultural Areas é un conxunto con problemas en número de xogadoras e bastantes lesións e o pecha cancelas da categoría en ningún momento fixo perigar que o resultado non fora positivo para os nosos intereses.

Alonso Méndez aproveitou a ocasión para facer cambios no sistema e nas posicións das xogadoras, así como para dar minutos e responsabilidades a xogadoras menos habituais.

Ao final 12-0 con goles de Yadira (x4), Zaira (x2), Cae, Patricia, Isis, Alba Rodríguez, Aldara Sequeiros e Sabela Meno.

Dende o noso clube queremos parabenizar ás xogadoras do Cultural Areas, que a pesares de sair goleadas na maioría dos seus encontros, sempre saen a competir con honra e as mellores intencions.

Celebración do 1-0 obra de Cae

Agora a liga terá parón pola xornada do Entroido e despois o noso senior encarará unha fase decisiva na competición onde se verá obrigado a puntuar con algúns dos rivais da zona alta da táboa se quere conservar unha das oito primeiras posicións e poder disputar a fase de ascenso no noso primeiro ano de existencia.

A por elas Rosalías!!!

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content