Nova oportunidade para reencontrase co gol

A Escuela de Futbol Femenina Rosalía Cadete viaxa a Mos para disputar o seu próximo duelo liguero ante a UD Mos correspondente á xornada 3 da Fase consolación.

Achégase o tramo final da Liga. Tras non lograr a vitoria na segunda xornada, a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Cadete enfróntase mañá sábado a UD Mos ás 11:30 horas. As azuis necesitan reencontrarse co gol para poder facer xustiza ao seu bo manexo do balón. Nos seus partidos desta fase, malia facer un traballo estupendo, só puideron sumar tres puntos (contra San Mateo). E no partido contra Umia, pese a ser un duelo a priori igualado, terminou perdendo por 4-0.

Por iso, necesitan recuperar boas sensacións e, ademais, non descolgarse da táboa de clasificación.

Pola súa banda, UD Mos chega a este partido sendo neste momento o terceiro clasificado igualando a puntos coas nosas. Ademais, as moenses están atravesando un bo momento e van facerse fortes en casa. Así, as pontinas terán que poñer todo do seu parte para sacar algo positivo do partido ante unhas rivais ás que non conseguiron vencer esta campaña (1-2 en Ou Seixo e 2-0 nas Baloutas).

No plano deportivo, Tamayo contará coa alta de Cuquejo, recuperada dunhas molestias sufridas nos últimos adestramentos. Ademais, Ester continúa o seu proceso de recuperación.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Valeria.
Defensas: Lucía Pérez, Matilde, Aroa, Silvia, Noa Domínguez, Sofía e Noa.
Centrocampistas: Bonjoch, Sara Rodríguez, Cuquejo, Nair e Lucía Caride.
Dianteiras: Claudia, Nerea, Zaira

O duelo estará dirixido polo colegiado Diego Rodríguez Covelo.

Check Also

O Azul dobrega ao Amarelo no derbi da Liga Cadete

Nun derbi vibrante, con gran ambiente nas bancadas, os goles de Xiana serviron para levarse …

Skip to content