Rosalía-Obradoiro: Confirmar a boa racha

Nunha semana con partido entre semana, a EFF Rosalía Infantil recibe en O Seixo ao Obradorio nun partido clave para dicir o campión da Fase Consolación.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Infantil regresa enfrontándose ao Colexio Obradoiro mañá sábado 30 de maio ás 16:00 horas ao Municipal de O Seixo. As azuis tratarán de puntuar de tres en tres nas dúas finais que quedan ata final de tempada e lograr o título consolación da Liga Galega Infantil Feminina.

Moitas ganas de conseguir unha vitoria e tratar de quitarse o mal sabor amargo que lle deixou o partido de ida, no que as pontinas perderon por 1-0 en Santiago. As de Castro chegan con ilusión, enerxías renovadas, tras colleitar tres vitorias consecutivas e confirmar a boa racha.

As capitalinas, pola súa banda, chegan a este duelo na segunda posición, xusto por detrás de Rosalía e cun punto de diferenza. Sen dúbida, un partidazo entre os dous equipos que menos goles reciben en contra.

O equipo dirixido por Diego Castro pode ser campeón ‘virtual’ esta xornada.

No plano deportivo, Castro contará coa baixa de Lucía Novoa na lista de convocadas por lesión. Volve Noa Sanz logo de estar ausente en Lugo.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Aldara.
Defensas: Aline, Miriam, Ainara, Noa Sanz, Candela Currás e Aitana.
Centrocampistas: Nair, Sara, Alma, Xiana e Lucía Torres.
Dianteiras: Antía, Candela Losada, Victoria e Candela SanMiguel.

O colexiado do duelo será Alejandro Alonso Cobelas do Comité Técnico de Árbitros de Ourense.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content