Nova xornada na Liga Promesas

O Promesas ‘A’ visitou o Municipal de O Pombal Pequeno e o Promesas ‘B’ A Gándara-Chaín.

Os dous equipos da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía representantes na Liga Promesas disputaron a 18ª xornada de competición a domicilio visitando ao Juventud de Cambados e Lóstrego CF.

Juventud de Cambados-EFF Rosalía
O equipo de María Feijóo disputou un partido moi igualado dominando toda a primeira parte, onde a mellor do partido foi Sofía, porteira local. Pola súa banda, Cambados aproveitou un penalti para marcar o único gol do encontro e chegar ao descanso con ventaxa no marcador. Á volta de vestuarios, as azuis intentárono pero empate non chegou.

O Promesas ‘B’ fixo un gran partido en A Gándara-Chaín.

Lóstrego CF-EFF Rosalía ‘B’
Partido no físico mais igualado que en anteriores xornadas, decidido por tema de actitude e crer nas propias posibilidades. Todo esto provocou un encontro con moitos goles e alternancia no marcador a pesar das inclemencias meteorolóxicas. Colleron ventaxa as locais na primeira metade, pero tras o descanso, as de Javier Alonso poñen táboas no marcador. Finalmente decidiuse nunha xogada cando o empate parecía ser o resultado final. Terceira vitoria da tempada para as mais pequenas, que día a día melloran adecuadamente. Ao término, o técnico mostrouse “moi contento co equipo, xa que pese ao moi mal tempo e ao resultado inicial non baixaron os brazos en ningun momento”.

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content