O Cadete arrincará o 5 de setembro

Mañá luns arrinca a pretemporada para o noso Cadete e Promesas, mentres que o Infantil comezará o martes.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía Cadete arrincará a pretemporada o vindeiro luns, 5 de setembro. O conxunto de Alberto Tamayo, que contará cun persoal renovado, iniciará todo coa pertinente presentación, que dará paso ao traballo sobre o propio céspede das instalacións municipais do Concello de Ourense en Oira nunha preparación que xa non será tan atípica como a do pasado exercicio, contando con máis dun mes entre o inicio da mesma e o arranque da competición cuxo sorteo do calendario non ten data prevista aínda.

O equipo está citado ás 18:00 horas no campo de fútbol 11 de Oira, compartindo instalación cos equipos Promesas, que adestrarán no campo anexo de fútbol-8.

Así mesmo, cabe destacar que se deseñou un plan de traballo no que se inclúe unha amigable fronte ao equipo senior o 16 de setembro no Municipal de Oira e no que se continuarán afianzando conceptos e ritmo competitivo, pero nesta ocasión co corpo técnico ao completo desde o inicio da pretemporada.

O Cadete contará con moitas novidades con respecto ao da pasada campaña.

Check Also

Fin de semana da Liga Cadete

Vitoria do ‘Amarelo’ e derrota do ‘Azul’. Fin de semana de compromisos oficiais para os …

Skip to content