Tobaruela: “Estou contento da boa evolución do equipo”

“O partido cumpriu coas miñas expectativas”, indicou o adestrador da EFF Rosalía.

Pere Tobaruela atendeu aos medios de comunicación tras o quinto amigable da pretemporada. O adestrador analizou o duelo ante as Viajes InterRías: “ Foi un partido contra un equipo correoso e ben plantado no campo que nos exisiu de principio a fin. As nosas xogadoras responderon ben neste novo partido de preparación e, a pesar da acumulación de cansanzo do encontro do venres, renderon a un bo nivel, practicando algunhas variantes no noso sistema de xogo”.

“O partido cumpriu coas miñas expectativas no sentido que as xogadoras fixeron ben o traballo encomendado: a partir dun sistema de xogo con tres centrais e carrileiras executar diversas variantes no medio do campo e dianteira. Por outra parte, as rivais puxéronnos as cousas difíciles e as nosas xogadoras responderon a esa esixencia tamén. Non se pode pedir máis”.

Baixón na segunda metade
“Está claro que xogar o venres a última hora influiu na acumulación de fatiga neste partido. Pero iso xa vai ben, por unha parte para ir collendo forma e, por outra, porque as xogadoras afanse a tomar decisións cando están cansas”.

Tobaruela:” Non creo que o factor campo sexa determinante”

Imbatidas en Oira
“Non creo que o factor campo sexa determinante. Dá a casualidade de que na casa xogamos contra equipos da nosa categoría e cando fomos fóra contra equipos de categoría superior. Isto si que é determinante”.

Evolución equipo
“Imos gañando consistencia como equipo en moitos sentidos. Esta tempada hai moitas caras novas e a adaptación aínda é máis necesaria. Estou contento, en calquera caso, da boa evolución do equipo. As xogadoras teñen ganas, están comprometidas e melloran co paso dos días”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content