Sen mirar o resultado final, espectaculares dous partidos das nosas representantes na Liga Galega Promesas, cun xogo moi vistoso, mostrando o crecemento das máis pequenas.
En cadro, así se presentaron os dous equipos representantes da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía na Liga galega Promesas a mañá do domingo no Municipal de Oira. Rosalía ‘A’ gañaba ao San Mateo, mentres que o Promesas ‘B’ caía ante o Caldas CF.
EFF Rosalía-Sp.C. San Mateo
As de Feijóo, con oito xogadoras dispoñibles, adiantáronse pronto no marcador, corría o minuto 1 de partido. Co resultado a favor despregaron o mellor xogo do que vai de campaña sobre o campo de fútbol-8 do Municipal de Oira. Toque, posesión e dominio do esférico, demostrando o crecemento futbolístico do grupo. Na segunda metade, malia non ter cambios, o xogo das azuis non decayó, o que permitiu aumentar a distancia con outro gol no marcador. Vitoria, pero o máis importante do partido non destacou María Feijóo ao término do encontro: “Sen dúbida foi ou mellor ou partido da tempada pese a non ter cambios. Demostraron no campo o gran traballo que se está a realizar nos adestramentos. Deron un paso adiante deixando claro que hai unha canteira incrible e chamando as portas do infantil. Seguiremos na mesma liña marcándoslles que xa non hai posibilidade de cometer erros, que agora só poder seguir crecendo como xogadoras”.

EFF Rosalía ‘B’-Caldas CF
Saíron moi concentradas as máis pequenas. Cun obxectivo claro do que se debería facer no terreo de xogo e pese a recibir dous goles na primeira parte non agacharon a cabeza e a volta de vestuarios seguiron co mesmo obxectivo, saír co balón xogado, manter a posesión e intentar xerar perigo con boas combinacións. E, dese xeito, chegou o gol das azuis, acurtando distancias. Derrota final pero todas moi contentas “a actitude que tiveron e a gran capacidade de concentración de todas foi de 100%. Como adestrador saín deOuir moi moi contento co partido que realizaron as xogadoras”, indicou Javier Alonso á web do club.
A próxima xornada toca viaxar a Valladares as integrantes do Promesas ‘B’, mentres que as de María Feijóo terán xornada de descanso.



