4-1: Gran vitoria no Monte da Aira e liderato no debut na Liga

Nerea, Claudia Castro, Antía e Candela Bouzas deron o triunfo ás azuis, que non acusaron a inactividade logo de tantos meses.

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía arrancou a Liga en primeira posición tras derrotar á UD Mos no Monte da Aira de Velle. Nerea, ao culminar un centro de Claudia, a propia Claudia Castro ao aproveitar un rexeite da porteira visitante, Antía, cun bonito gol dende fóra do área e Candela Bouzas de penalti deron a vitoria ao conxunto azul, que demostrou o seu dominio creando moitos problemas as suas rivais.

O primeiro golpe ao equipo visitante chegou aos 9 minutos, Claudia Castro escápase pola esquerda e o seu centro rematouno Nerea de espuela dentro do área. Tan só catro minutos máis tarde, a pichichi Claudia Rodríguez empataba o encontro ao aproveitarse dun exceso de confianza de Valería a un tiro afastado da mosense.
As locais reaccionaron e apropiáronse do esférico en busca de volver adiantarse no marcador. E así chegou a xogada do segundo, un centro ao área de Ester non consegue atrapalo Yanira e Claudia Castro (21′) aproveita para rematar e facer subir o segundo ao marcador.

A segunda metade comezou con outro ritmo e o Rosalía subiu a súa presión, que afogou a un rival que non conseguía superar a liña adiantada do equipo dirixido por Alba Rodríguez. Tiñan que sufrir as visitantes para defender as acometidas das azuis e nunha delas apareceu Antía (64′). A Ourensán roubou o balón lonxe do área, levantou a cabeza e deseñou un mísil teledirixido á meta rival. O terceiro gol local fixo moito dano ás visitantes, que intentaron recurtar distancias con balóns ás costas da defensa ourensán pero Valería e logo Aldara estiveron moi atentas en todas elas.
Candela Bouzas sentenciou o partido ao transformar de penalti o cuarto e colocar ás azuis como líderes do Grupo C ao ter melhor balance goleador cas moenses.

Alba e Lucía dan instruccións ás suas xogadoras.

Para a adestradora local “o partido deixounos cun bo sabor de boca para afrontar os seguintes. Logo de tanto tempo sen competir, creo que o equipo respondeu ben, houbo intensidade malia xogar con máscara e con calor e competiuse ben ante un gran rival”. Lucía Caballero, adestradora do Mos destacou a igualdade do encontro: “Foi un partido moi igualado que estivo condicionado por determinados momentos que o Rosalía aproveitou mellor. Co 2-1 a favor delas tivemos tres ocasiones de gol moi claras que non aproveitamos e nosas rivais estiveron máis acertadas cara a porta, o que as converte en xustas ganadoras do partido”.

Primeira fase curta
“Os puntos son moi importantes nunha liga tan curta. Agora poñémonos igualadas a puntos con Rosalía, que visitan en Chaín ao Lóstrego e veremos si Rosalía lánzase na cabeza en caso de conseguir a victoria a próxima fin de semana”, sinalou Lucía.
“Ao ser grupos tan reducidos, cada fin de semana xogamos unha final, o que fai distinta esta liga, pero sen dúbida será moi entretida para todos os equipos e xogadoras”, resaltou Alba Rodríguez.

Check Also

Derrota do Infantil ante un superior Mos

As azuis non puideron puntuar no Municipal de Oira ante o líder da categoría. A …

Skip to content