O fútbol feminino, protagonista en Tribuna VIP

Unha representación da EFF Rosalía repasou no programa de deportivo de Telemiño o seu bo momento e as novidades da tempada 2023/24.

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía foi a invitada no día de onte, xunto a CD Arenteiro, no programa Tribuna VIP de Telemiño. Carlos Díaz, Sofía Pérez e Noa Fernández ‘Noui‘, acompañados polos directivos Yoli Dieguez e Yuse Vázquez, repasaron co presentador Luís Martín a actualidade do primeiro equipo e o bo momento da canteira, que como destacable, a crecido un ano máis cun novo equipo na categoría Cadete.

Non é a primeira vez que o noso club visita os estudos de Telemiño nas instalacións da Región, sendo a segundo na que unha representación do equipo pontino é convidado o programa que dirixe e presenta Luís Martín.

Carlos, como adestrador na base e as xogadoras do equipo senior, Noui e Sofi, repasaron a actualidade da #febreazul, que comeza esta fin de semana a competición cos equipos Senior, Cadete e Infantil. Así a defensa azul destacou que esta tempada “a competitividade é maior comparado co ano pasado, algo que nos fará mellorar como xogadoras”. En canto ao rival da primeira xornada, as dous integrantes do senior afirmaron que “enfronte haberá un rival difícil”.

Mañá ás 11.00 e 17.40 horas poderá verse o programa novamente en Telemiño ou na seguinte ligazón na web da Región https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/directo-regresa-programa-tribuna-vip-mejor-futbol-femenino-ourensano/202309212242311245408.html

Check Also

Un ano mais colaboramos con Operación Quilo

A campaña alcanza os 37 anos de actividade e pódese doar roupa, xoguetes e comida …

Skip to content