Yadira apostará todo ao azul de Oira unha tempada máis

A defensora sarreá, que chegou ao barrio ourensán en 2018 e asentouse de titular ata a súa lesión, seguirá vestindo a camiseta da EFF Rosalía a próxima campaña tras rubricar a súa renovación esta pretemporada.

Yadira Alonso será xogadora da Escola de Fútbol Feminina Rosalía na tempada 2023/2024. A retagarda pontina contará así cun efectivo de contrastada solvencia coa firma da súa continuidade de fronte ao vindeiro exercicio. Desa forma asegúrase o concurso dunha futbolista que se asentou plenamente nos plans de Alonso Méndez e posteriormente Iván Canal, pero que tas a súa grave lesión non conseguiu volver afianzarse no once, ainda así Pere Tobaruela aliñouna en 13 ocasións (6 como titular) ata que caeu lesionada na xornada 23 fronte a Porriño Industrial no Lourambal-2, non tendo a posibilidade de voltar aos terreos de xogo na pasada tempada.

A sarreá arribou no mercado estival de 2018, debutando o 16 de setembro fronte ao SD Xuvenil Ponteareas. Desde esa data, apenas se perdeu partidos oficiais co conxunto azul, pero unha grave lesión de LCA mantívoa fóra dos terreos de xogo desde o 16 de maio do 2021 ata outubro de 2022. A súa é a sexta das renovacións no seo do primeiro equipo feminino. Mentres, a dirección deportiva xa traballa a ritmo incansable para dar forma a un bloque que transmita ambición.

En declaracións a esta páxina web, Yadira asegurou que “para min é un pracer estar aquí”. “Hai dous anos tiven unha grave lesión e pensei na o retirada”, valorou aos medios oficiais. Ademais, mostrouse ambiciosa: “Síntome moi querida e valorada e seguro que todos xuntos loitaremos por darlle moitos éxitos a este escudo. Quero dar as grazas pola confianza e prometo devolvela con moito traballo. Imos Rosalía!”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Ir o contido