O III Campus de fútbol de Rosalía arrinca do 26 ao 30 de xuño

O Campo de fútbol de Soutopenedo volverá acoller unha nova edición.

Tras o gran éxito da pasada edición, o III Campus de fútbol feminino volverá ao campo de fútbol de Soutopenedo, organizado por Ociosaugal e a Escola de Fútbol Feminino Rosalía, en colaboración co Concello de San Cibrao das Viñas. Trátase dunhas xornadas que terán lugar do 26 ao 30 de xuño deste ano. Novamente, haberá servizo de autobús gratuíto, camiseta de agasallo e xornada de praia, coa novidade dun balón de agasallo para cada participante.

En canto ás actividades, serán cinco xornadas de adestramentos específicos para xogadoras e porteiras, traballo de tecnificación, charlas orientadas ao desenvolvemento de valores necesarios para os deportistas e o xa mencionado día de praia. Ociosaugal, con ampla experiencia na organización deste tipo de eventos, achegará profesionais na formación deportiva.

En canto aos prezos, haberá duas franxas: 85€ para as xogadoras do club e 100€ para as demais. Para máis información sobre todas as actividades deste III Campus de fútbol feminino, podes facer clic na seguinte ligazón: https://ociosaugal.es/portfolio-items/1293/

Check Also

Convivencia de fútbol San Cibrao das Viñas

Nosos alumnos da escola do CEIP A Ponte estarán presentes na primeira Convivencia de fútbol …

Skip to content