Exitosa primeira edición da Romaría da EFF Rosalía

Numerosos afeccioados, familiares e simpatizantes déronse cita no Campo da feira de Ourense, onde houbo oferta gastronómica, xogos para @s máis pequen@s e actuacións musicais.

A I Romaría da Escola de Fútbol Feminina Rosalía, organizada pola directiva coa colaboración de Ociosaugal, desenvolveuse o pasado domingo con gran éxito de público. As instalacións municipais do Campo da feira foron o escenario elixido, onde moitos afeccionados, familiares, simpatizantes e xogadoras déronse cita para aproveitar unha xornada lúdica e diferente.

Música, a cargo do grupo Tres porkiños, mesas para comer e beber e unha interesante oferta para os máis pequenos foron os pratos fortes desta nova iniciativa, que non dubidaron en organizar os membros da directiva do club. O fin de festa da tempada, en forma de ‘Romaría’ será, desde esta campaña, o banderazo final a cada tempada.

Nosas ‘catalanas’ recibiron un recordo do seu paso polo club.

Tampouco podían faltar os premios, nesta primeira edición repartíronse os seguintes:
· Mellor afección: Equipo Infantil.
· Colaboración desinteresada: Ainara Tena (Xogadora do Cadete) e Virgina (nai de Rocío).
· Pin de prata: Ganadería JPD, pola sua implicación máis aló do patrocinio e Cristian Otero, pola sua labor entre bambalinas.
Tamén foron agasalladas as tres xogadoras dos equipos Promesas que teñen que deixar o club este ano por motivos familiares.

Desde a directiva desexan que sexa a primeira de moitas tras o éxito de asistencia desta primeira edición.

Check Also

Un ano mais colaboramos con Operación Quilo

A campaña alcanza os 37 anos de actividade e pódese doar roupa, xoguetes e comida …

Skip to content