O Infantil consegue unha valiosa vitoria a base de traballo (0-2)

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Infantil volve sumar tres puntos fronte a Milagrosa para colocarse novamente líder.

As de Diego Castro saíron coas ideas claras: dominio, control do balón e someter ao rival co balón. Aínda así, as locais crearon perigo por medio de Paula nos primeiro compases debido a varios erros das nosas. Un espexismo, a partir dese momento, as rivais non souberon igualar a intensidade do conxunto azul e en posteriores minutos Victoria tivo varias ocasións para poñer ás súas por diante. Máis clara tívoa Alma unha vez excedido o cuarto de hora de partido. A centrocampista remata o despexe de Ainara a tiro de Sara, seu remate sae alto. O perigo roldaba a área local pero sen o premio do gol. A piques de chegar ao descanso, Victoria tívoa nas súas botas pero ao centro de Antía desde a dereita adiántase Antía López ao remate da pequena dianteira.

Xa na segunda parte, as pontinas saíron máis á verdade desde o principio. a superioridade baseábase no dominio do balón, O que se traducía en numerosas ocasións. De feito, nada máis saír ao campo Victoria remata outro centro de Antía fóra por pouco. Á terceira foi a vencida. A segunda para as visitantes acabou entrando, unha boa xogada colectiva de Xiana e Antía termina co remate de Victoria ao fondo da rede no minuto 42′. Ainara Álvarez salvou unha nova ocasión de Nair aos 50′ minutos. A resposta local chegou a balón parado, o tiro de Lucía Martínez o bloca Aldara sen problemas. A partir dese momento o partido soamente tivo unha cor.

Ainara marcou o segundo das pontinas no Luis Gorgoso.

Ainara sentencia
Candela Losada, moi incisiva pola súa banda a punto estivo de ampliar a vantaxe. Premio que lograrían as pontinas cinco minutos despois por medio de Ainara. A defensa non desaproveita a xogada ensaiada á saída dun córner para subir o definitivo 0-2 ao marcador. Seguiron insistindo as de Castro pero atopáronse cunha portería ben defendida por Ainara Álvarez, que salvou tres ocasiones nos últimos dez minutos de Alma, Sara e Antía. Traballo solidario por parte de todas que lograron uns valiosos tres puntos para escalar ata o máis alto da clasificación á espera dos dous partidos que quedan ante os seus dous seguintes perseguidores na táboa, Obradoiro (-1 punto) e Xuventude de Crendes (-2).

Castro mostrouse contento ao termino: “En canto a xogo e ritmo de balón foi un dous mellores partidos do ano, pero a orde defensiva do rival e vos nosos fallos na definición acurtaron ou resultado”.

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content