Previa da 2ª concentración da Fase Final da Liga Galega Promesas

Ata Coruña se desprazan o sábado os nosos dous equipos promesas a disputar a segunda concentración da Fase Final da Liga Galega Promesas.

Moito ten que madrugar o noso promesas “A”, a verdade e que moi mala sorte tivo o noso promesas “A” cos horarios nestas concentracións xa que en tres delas xoga o primeiro partido da xornada, dous deles nos desprazamentos máis lonxanos. Desta vez en Coruña, no campo de Leyma terán que madrugar e chegar ben despertas para enfrontarse no partido da xornada ó Victoria FC de Santiago de Compostela, lider do grupo por golaverage e un dos máximos favoritos para a victoria final da liga.

No noso equipo está confirmada a baixa da defensa Lucía Nóvoa, cunha sobrecarga muscular e ata última hora será dúbida Sara Rodríguez, que segue renqueante da súa lesión tras unha forte entrada en Mos xa fai un mes.

Logo o promesas “A” xa non xogará ata as 18:00 en donde se enfrontarán ó Umia CF, un difícil rival o que venceron nas dúas ocasións previas as que se enfrontaron pero que teñen unha gran porteira e unha perigosa dianteira.

En canto ó promesas “B” preséntase en Coruña ca moral polas nubes despois de vencer os dous partidos da primeira concentración. Dos tres partidos que lle restan por xogar, en caso de gañar dous serían matemáticamente equipo de semifinais, o cal trae as pequenas cheas de ilusión. Nesta ocasión as rivais son o Pastoriza “B” ás 13:30 e o UD Mos ás 17:00. Estamos seguros que as pequenas serán capaces de facer dous bos partidos e de plantarlle cara os seus rivais e poder sellar a clasificación para a finalísima do Monte da Aira do 13 de abril.

Cartel oficial da concentración cos horarios

Ánimo Rosalías!!!

Check Also

Así queda o calendario das Alevíns para a liga 2023/24

Os equipos ‘Amarelo’ e ‘Azul’ están encadrados no Grupo IV da liga Galega Alevín e …

Skip to content