O Sénior recibe ao Porriño

A EFF Rosalía afronta no Municipal de Oira a vixesimoprimera xornada de Liga (12:00h; domingo).

A Liga volve poñerse en marcha tralo parón da última xornada por descanso. A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía quere retomar a competición cunha nova vitoria para seguir con opcións de colocarse segundas, aínda que o equipo non depende de si mesmo. O noso equipo recibe mañá ao Porriño no Municipal de Oira (12:00h), no encontro correspondente á vixesimoprimeira xornada do campionato.

Será o cuarto partido de Liga que as de Tobaruela xogan no seu campo na segunda volta, trala vitoria ante o Gondomar da última xornada con doblete de Fara e triplete de Lidia. Das dúas máximas goleadores do equipo trala renuncia de Ana, soamente estará Lidia no duelo fronte ao Porriño.

“Xogar na casa representa unha boa ocasión para que a afición poida ver cos seus propios ollos como medrou o equipo”, sinalou Tobaruela na roda de prensa previa ao encontro. O técnico catalán convocou a estas xogadoras para intentar sumar os tres puntos ante o conxunto pontevedrés.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Rocío.
Defensas: Aldara Sequeiros, Noa Domínguez, Miriam, Laura Añón, Feijóo e Matilde.
Centrocampistas: Patricia, Lidia, Antía, Aldarita, María e Sara Bonjoch.
Dianteiras: Zaira, Noi e Victoria.

Precedentes
O noso equipo levouse a vitoria no primeiro e único enfrontamento ligueiro ante o Porriño. O encontro disputado na primeira volta terminou co resultado de 0-10 a favor das pontinas. O conxunto dirixido por David Barrios posúe un balance de 2 triunfos, un empate e quince derrotas no campionato. Lara (5) e Zaira Ocampo (4) son as súas máximas goleadoras.

O partido estará dirixido polo colexiado Diego López Iglesias do Comité Técnico de Árbitros de Ourense.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content