Tobaruela: ” Estou contento co traballo das xogadoras porque cumpriron co obxectivo marcado”

“Podo afirmar que o equipo está procesando ben e adaptándose aos cambios introducidos”, dixo o técnico.

O adestrador da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía, Pere Tobaruela, compareceu ante os medios de comunicación tras conseguir en Oira a decimocuarta vitoria en Liga da tempada. O técnico dixo: “Hoxe, máis ala do resultado, estou contento co traballo das xogadoras porque cumpriron co obxectivo marcado antes do inicio, que non era outro que controlar o partido a partir da posesión do balón, ademáis de tamén ser capaces de executar ben outras cuestións técnico-tácticas que estamos introducindo no noso modelo de xogo”.

“Por dicilo dalgunha maneira, podo afirmar que o equipo está procesando ben e adaptándose aos cambios introducidos. Aínda temos cousas que mellorar, pero a valoración é positiva porque se incorporaron bastantes xogadoras das categorías inferiores e sempre é necesario un tempo de adaptación. Nestes momentos, conseguida a adaptación, coido que podemos pasar ao seguinte chanzo. E imos traballar estas semanas niso para chegar o mellor posible para afrontar a fase de ascenso”.

Debuts
“Non digo nada novo se afirmo que nun club como é a Escola de Fútbol Feminino Rosalía, cunha clara orientación de formación, é lóxico que haxa xogadoras de categorías inferiores que se incorporen ao primeiro equipo. Ese é un traballo a valorar e de agradecer aos diferentes corpos técnicos, das promesas, das infantís e das cadetes”.

“Dependemos de nós para conseguir a segunda praza”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía

Rivais polo segundo posto
“Nestes momentos, coa derrota do Peñasco nesta xornada, dependemos de nós para conseguir a segunda praza. Se gañamos os dous partidos que nos quedan para rematar a liga regular a segunda praza será nosa. Ese é o noso obxectivo neste momento e confío nas xogadoras para conseguilo”.

Zaira
“Hoxe Zaira estivo moi acertada cara a portería, pero en certa maneira os seus goles son a culminación do traballo de todo o equipo. E quedo con iso. Alégrome por cada unha das xogadoras que marcan gol no sentido de que iso beneficia ao equipo. E xa que falamos de goles, quero dicir que somos un equipo que, visto o visto, temos potencial ofensivo, un potencial ofensivo baseado en un gran traballo sen balón. Valoro moito o traballo das xogadoras sen balón. É un aspecto que estamos traballando nos adestramentos e neste sentido as xogadoras melloraron moito. Sen traballo, con e sen balón, non hai resultados”.

Barros dando instrucións durante unha fase do partido.

David Barros, adestrador do Porriño Industrial non dubidou en atender á web do club unha vez finalizado o encontro para darnos a súa opinión do transcorrido durante os 90 minutos: “En fronte estivo un equipo superior. Nós chegamos ao partido ao límite de xogadoras e sabiamos que sería un partido no que viriamos defendernos e recibir a menor cantidade de goles posible”.

“Nós sempre intentamos ter saída con balón pero con equipos superiores non se pode e énos moi difícil logralo. En cambio, con equipos do noso nivel, con dez xogadoras tendo o balón podemos ter opcións de gañar o partido”.

Obxectivo
“Este ano foi moi malo, pouco compromiso, moitas lesións e, a verdade, non cumprimos o noso obxectivo de principio de tempada, xa que aspirabamos a estar máis arriba e este ano non se puido”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content