As de Tobaruela xogan contra o Gondomar FB na decimonovena xornada de Liga (17:30; Municipal de As Cercas).
Tralo adiamento do partido da pasada xornada, a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía visita esta tarde un dos campos onde nunca lograron a vitoria: o Municipal das Cercas. O noso equipo mídese ao Gondomar Fútbol Base na decimonovena xornada do campionato (17:30h) co obxectivo de sumar tres novos puntos na súa loita polos primeiros postos a clasificación.
Pere Tobaruela dirixirá o seu primeiro partido nun campo no cal caeron derrotadas as pontinas na súa última visita, 2-0 na tempada 2019/20. Na primeira volta, esta campaña, o resultado foi a favor das azuis por 7 goles a cero con goles de Ana Seguín (3), Lidia (2), Zaira e Candela Bouzas.
“O equipo e mais eu afrontámolo partindo dunha premisa: estamos a facer un traballo nos adestramentos que poremos en práctica este domingo”, dixo o técnico na roda de prensa previa ao encontro. Lidia e Zaira, goleadoras no triunfo na ida, non faltan nunha convocatoria que conta coa volta de María Feijóo, moitas novidades e as ausencias de Sabela e Paqui por lesión.
CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Rocío.
Defensas: Noa Domínguez, Laura Añón, Aldara Sequeiros, Miriam, Silvia, Lucía Pérez e Feijóo.
Centrocampistas: Lidia, Aldarita, Patricia, María e Fara.
Dianteiras: Zaira, Noui e Victoria.
O rival
Gondomar non conseguiu puntuar fronte aos seis primeiros clasificados. Actualmente, está situado na zona baixa da táboa con 4 puntos e un balance de 2 vitorias, 1 empate e 13 derrotas. O perigo do conxunto que dirixe Francisco Rial pasa por Carla Zamora e Adriana Villanueva, máximas goleadoras con 5 tantos cada unha.