Tobaruela: “Foi unha boa tempada a nivel de resultados e a nivel de traballo”

Vídeo: Roda de prensa completa

Pere Tobaruela compareceu na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminina Rosalía o día previo ao derbi contra a Cañiza no Municipal de Oira, correspondente á última xornada de Liga (13.00 h; Youtube). O técnico dixo: “Referíndonos a semana pasada, a derrota contra Arenteiro nese derbi, foi un partido bonito de xogar, creo que desfrutamos, sempre gusta ganar, pero así son os derbis y agora xogar outro derbi ten ese plus tamén cos deberes feitos e xa pensando mesa primeira eliminatoria da fase de ascenso”.

Último partido Liga
“Creo que estes partidos hai que aproveitar según que aspectos tácticos para facer rotación no sentido de que levamos tres partidos súper duros no sentido físico e temos varias xogadoras cargadas. Entón, darlles ese pequeno descanso para que recobren forzas de cara ao partido no que si que xogamos a vida. A primeira eliminatoria da fase de ascenso hai que gañala si ou si, porque senón consigues ganar pasas a xogar a fase de permanencia nun partido de volta”.

Configuración fase de ascenso
“Neste sentido, creo que se tería que premiar máis a regularidade que lanzar unha moeda a cara e cruz despois de facer unha boa tempada, como é o noso caso que estamos segundas pero hai equipos que nos superaron e fixeron mellor tempada e por iso están por riba de nós. Entendo que é un ano delicado e que a federación tivo que tomar unha decisión complicada porque esta reestruturación, este boom que houbo de equipos na segunda é complicado de xestionar e vai a ser o último ano ‘raro’ neste sentido e é un pouco difícil de entender porque para o ano a segunda será máis estable e a terceira, supoño que farán unos ascensos máis directos”.

Balance da temporada
“Fago unha balance positiva no sentido dos resultados porque temos que ter en consideración unha cousa, no fútbol, o resultadismo ilustrado, como o chamo eu, sempre está presente e, a veces, por moito que poida dicir que foi unha boa tempada e perdemos dez partidos, a xente non o vai a entender. Neste sentido foi unha boa tempada a nivel de resultados, pero tamén a nivel de traballo e sobre todo de evolución das xogadoras. Hai xogadoras que non son as mesmas que empezaron a tempada, evolucionaron moitísimo. Outro aspecto que destacaría é a conexión do grupo, empezamos a tempada coa incorporación ao equipo sénior dunha cantidade bastante elevada de xogadoras cadetes e sempre, cando os grupos non están consolidados, costa máis traballar e conxuntarse. Estou moi contento porque houbo unha plena integración e iso nótase no vestiario”.

Esperabas a evolución do equipo
“Eu non son dos que espero, eu son dos que traballo e propicio. Nunca me marquei un obxectivo determinado. Ti tes que pensar que tes un determinado tipo de xogadoras e tes que ir evolucionando a pautando o traballo dependendo da súa capacidade de progresión e limiteime a iso. Sigo pensando que aínda se pode evolucionar moito mais e no aspecto que se pode evolucionar moito mais é o no aspecto psicolóxico, onde aínda nos fai falta un paso adiante que imos ter que dar si ou si se queremos gozar e sacar adiante algún partido da fase de ascenso no que o apartado psicolóxico é moi importante”.

Xogar na casa
“Oira este ano foi un campo que nos favoreceu no sentido dos resultados e iso faime estar tranquilo de cara a primeira eliminatoria, que si ou si vai a ser na casa porque teremos que enfrontarnos ao quedar segundas cun cuarto ou un quinto e xogase o partido na casa do mellor clasificado na tempada regular. Entón, iso é un plus, polo menos a vantaxe ou premio á regularidade”.

Check Also

Presentado o trofeo internacional fútbol feminino de Canedo

Sampayo, Candela e Yuse asistiron ao Pavillón de Os Remedios en representación da EFF Rosalía.No …

Skip to content