Unha vez entrados na segunda semana de septembro, o club decide oficializar a pretemporada 2021/22 en todas as categorías.
A tempada 2021/22 da Escuela de Fútbol Femenina Rosalía dará o seu pistoletazo de saída mañá luns 6 de septembro cos adestramentos en todas as categorías do club. Malia que todos os equipos xa realizaron sesións de adestramento, a estrutura deportiva decide marcar o día de mañá como comezo oficial.
Esta tempada contará coa novidade de estrear novos campos de adestramento, ao conceder o Consello Municipal de Deportes as instalacións de Oira para a realización dalgunhas das sesións do equipo Senior e Promesas.
En canto ás sesións de adestramento, no mes de septembro serán as seguintes:
- SENIOR: Adestrará os luns no Monte da Aira en sesión de 19:30 a 21:00 horas. Mentres que os mércores e venres exercitarase en Oira de 21:00 a 22:30 horas.
- CADETE: Os seus adestramentos terán lugar no Monte da Aira en sesións de 19:30 a 21:00 horas os luns, mércores e venres.
- INFANTIL: Serán o único equipo con dúas sesións semanais no Monte da Aira de 16:30 a 18:00 horas a partir do día 13*.
- PROMESAS: As mais pequenas adestrarán os luns no campo de fútbol-8 de Oira en sesión de 18:00 a 19:30 horas. Os mércores de 17:45 a 19:15 horas en Salesianos e os venres, novamente en Oira, de 19:30 a 21:00 horas**.
* A semana do 6-12 os adestramentos serán luns, mércores e venres de 11:00 a 13:00 horas.
**Este horario será durante o mes de septembro únicamente.




