Peñasco-Rosalía: arranca a fase de ascenso á Primeira División Autonómica

O sénior, que afronta unha eliminatoria a partido único, buscará clasificarse para a segunda rolda da competición (12:00 h, Vigo).

Encontro decisivo para a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía, que disputa a primeira eliminatoria, a partido único, dos playoff de ascenso á Primeira División. O Federativo de Coia será o escenario do choque entre o Peñasco e o sénior (12:00 h, Vigo). Non hai outro obxectivo que lograr unha vitoria que permita ao equipo pasar á seguinte rolda da competición.

As pontinas están callando unha boa tempada e intentarán chegar ata o final dos playoff. Por iso, para gañar primeiro ao Peñasco, as de Tobaruela terán que empregarse a fondo ante un rival que gañou catro dos seus últimos cinco encontros. No caso de que o partido acabe en empate haberá unha prórroga con duas partes de quince minutos cada unha. Si persiste a igualada, pasará de rolda o equipo que gañe a tanda de penaltis.

O labor ofensivo será outra das claves para este choque. As azuis avantaxan neste apartado ao conxunto vigués, xa que marcaron 99 tantos esta tempada fronte aos 52 do seu rival. Unha das protagonistas da racha goleadora do sénior é Lidia, autora de 13 dianas e que é unha das convocadas para o partido de mañá.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Rocío.
Defensas: Sequeiros, Noa Domínguez, Laura Añón, Feijóo, Sabela e Silvia.
Centrocampistas: Aldarita, Bonjoch, María, Lidia, Fara e Patricia.
Dianteiras: Zaira, Noui e Antía.

As viguesas gañaron pola mínima no encontro disputado en Vigo.

Peñasco
O rival das nosas foi un dos mellores equipos do Grupo VI esta tempada tras concluír a primeira fase da Liga con 49 puntos, 16 vitorias, 1 empates e 3 derrotas. Estes bos resultados débense ao acerto da súa xogadora máis perigosa, Tamara Custodio, máxima goleadora con 32 goles en 17 partidos. A dianteira será unha das xogadoras a vixiar do equipo de Norberto Losada, que terá en Iker outro dos puntais na portería.

Check Also

Vitoria ‘C’-Rosalía: a pola segunda vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dez xornadas sen perder, busca seguir o refacho no Santa …

Skip to content