Tobaruela: “Nós imos a intentar facelo o mellor posible”

“Temos unha boa oportunidade diante e imos ver se podemos aproveitala”, añadiu o técnico.

O adestrador a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía, Pere Tobaruela, pasou este venres por sala de prensa na previa do partido que as pontinas disputarán este domingo (12:00 horas) fronte ao C. Peñasco en Vigo, correspondente á primeira rolda da fase de ascenso: “Esta fase de ascenso xogámola 24 equipos e ascenderán 3. É unha fase complicada e esixente porque os dous primeiros partidos son eliminatorios, ou sexa, xogas todo a unha carta. E xa sabemos que en fútbol, a un único partido, os fallos poden chegar a pagarse máis caros. Despois dos dous primeiros partidos eliminatorios hai tres finais, para dirimir os equipos que ascenden, que xa serán a ida e volta”.

“En calquera caso, nós imos a intentar facelo o mellor posible. Temos unha boa oportunidade diante e imos ver se podemos aproveitala”.

Peñasco, rival coñecido
“Eu sempre adoito preparar os partidos partindo da base do noso modelo de xogo e despois inclúo especificacións que marca o xogo do rival. Antes de calquera partido sempre procuro ter información do rival. Neste partido contra o Peñasco vai ser igual: nós imos ir ao noso aproveitando na medida do posible os puntos febles do Peñasco”.

Factor campo
“Está claro que para nós sería mellor xogar en Oira, por aquilo do apoio dos seareiros. Mais coido que desta vez imos sentirnos como na casa no campo do Peñasco, porque a directiva do club organizou autocares para que os nosos seareiros e todas as xogadoras do club poidan ir apoiarnos. A marea rosaliana vai estar presente transmitíndonos folgos e iso seguro que vai vir ben ao equipo”.

Quince días para preparar a eliminatoria
“Estou moi satisfeito non só destas dúas semanas de preparación específica da fase de ascenso, senón tamén de todos os adestramentos desde que tomei as rendas do equipo hai xa un mes e medio. As xogadoras asimilaron moi ben os cambios introducidos e coido que o seu rendemento mellorou partido a partido. Chegamos a esta eliminatoria con todas as xogadoras dispoñibles en un estado mental e de forma óptimo. ¿Qué máis se pode pedir? 

“Analicei os puntos febles do Peñasco e intentaremos aproveitalos”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía Sénior

¿Vixiancia especial a Tamara?
“Eu sempre teño en consideración os puntos febles e os puntos fortes do equipo rival para intentar sacar un resultado positivo. Analicei os puntos febles do Peñasco e intentaremos aproveitalos. Tamén analicei os puntos fortes, e imos intentar que non sexan tan “fortes”. Como dixen antes, esta é unha dinámica habitual dentro da planificación de calquera partido. De feito, o sábado voume desprazar a ver en direto o Noia-Perlio, un dos nosos rivais no seguinte partido se nós conseguimos gañar ao Peñasco”.

¿Qué pode influir nunha fase de ascenso?
“O punto de partida para afrontar con posibilidades de éxito unha fase de ascenso é ter ben adestrado o modelo de xogo propio, introducindo unha serie variacións tácticas para poder dar diferentes solucións a diferentes problemas que se poidan presentar. E iso xa o temos ben traballado e asimilado por parte das xogadoras. A partir de aquí hai que sumar o aspecto competitivo e psicolóxico, é dicir, a capacidade para competir e como afrontar mentalmente esa competición. Estes dous aspectos tamén están traballados. E estou contento dos resultados. Así as cousas, podo afirmar que as xogadoras están preparadas para afrontar e gozar desta fase de ascenso”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content