As azuis comezan a segunda volta no Monte da Mina ante un rival que ainda non perdeu puntos na casa (domingo, 19:15h).
A EFF Rosalía volve á competición 28 días despois do seu último encontro. Tras o parón de Nadal, as azuis afrontan ante o Pereiró o primeiro partido de 2020. Unha visita esixente para comezar a segunda volta do campionato ante un rival que asina unha boa tempada e que non perdeu un encontro de Liga no Monte da Mina (19:15 h; domingo 12). O obxectivo das azuis, que despois de encadear 3 derrotas consecutivas despediron 2019 con vitoria, é sumar puntos para seguir como primeiro perseguidor dos equipos que encabezan a clasificación da liga. Para iso, deberán superar a un Pereiró que encadea 4 vitorias consecutivas e que no seu estadio acumula sete vitorias sen tropezo. “Imos con ilusión e ganas de competirlles”, remarcou co técnico na rolda de prensa previa.
Canal perde a última hora a Andrea, Judith e Cae depois de recuperar a todas as xogadoras durante o paro. Para este encontro o técnico convoca a 16 xogadoras.
Convocatoria
Porteira: Rocío.
Defensas: Noa Domínguez, Isis, Aldara Sequeiros e Feijóo.
Centrocampistas: Saray, Alba, Aldarita, Sabela, Ainara, Patricia, Lidia, Marta e Yadira
Dianteiras: Zaira e Noui.
O rival
Solidez é a palabra que mellor define ao Pereiró e así o evidencian os seus resultados. Só perdeu dous dos 14 partidos oficiais disputados ata a data un deles pola mínima. Se a pasada tempada estivo preto de clasificarse para a derradeira ronda de ascenso a 1ª división, na presente está a callar unha gran primeira volta. Rebeca, con 19 tantos, é o máxima goleadora do equipo de José Antonio Pazo pero Itziar a segue con 17.
As viguesas son segundas, cunha vantaxe dun punto sobre as súas perseguidoras, Bueu e Balaidos, con 34 puntos. No Monte da Mina conta todos seus partidos por vitoria, sendo o equipo menos goleado da competición con tan só 9 goles en contra.
Precedentes
Cuarta ocasión na que se enfrontan a EFF Rosalía e Pereiró, na tempada pasada a visita das azuis ao Monte da Mina saldouse cunha derrota por 4-0 mentres que o partido Monte da Aira tamén foi gañado pola viguesas. Esta tempada o partido inaugural do campionato saldouse cun empate entre ambos equipos.
Resto da xornada
No resto da xornada destaca o Chispa-Balaidos, que podería ter a denominación de “Partido da xornada” ao enfrontarse o líder fronte un dos equipos chamado a loitar polos postos de playoff. San Mateo-Gondomar enfronta a dous equipos separados por 3 puntos e coas locais en claro ascenso despois de puntuar en 4 dos derradeiros 5 partidos. O partido da EFF Rosalía, despois do empate da primeira volta tamén pode estar entre os destacados, mentres que pola parte baixa todos terán rivais duros para poder sacar algo positivo.
Todos os partidos serán en xornada de domingo:
12:00 SD Chispa – Balaidos CF
16:00 SpC San Mateo – Gondomar FB
17:00 Juventud de Cambados – SD Noalla
17:00 CD Mosteiro – Umia CF “B”
17:00 Racing Vilariño – Marín CF
18:30 CD Bueu – SD Puentearnelas
19:15 EDVM Pereiró – EFF Rosalía
Descansa SCD Ponte Caldelas