Iván Canal atendeu aos medios de comunicación tras o último adestramento previo á volta á competición oficial. O adestrador azul dixo: “Ao estar un mes sen competición é moito tempo e vaise a notar en ritmo e cansazo. Logo están as festas e iso non axuda. Espero que se note o menos posible”.
“O non adestrar asiduamente é un problema pero non imos darlle máis importancia, hai que aceptalo e seguir traballando”.
Rival
“O Pereiró é un equipo complicado fóra do seu campo e tamén na súa casa. Está claro que as estatísticas están aí, pero tamén se poden romper. Imos con ilusión e ganas de competirlles”.
Lesións
“A última hora Andrea por febre, Judith por molestias no xeonllo e Cae por problemas nas costas caen da convocatoria. Empezamos con mala sorte en canto a lesións a segunda volta, pero esperemos que estean recuperadas para a próxima semana e toquemos madeira para que non caian máis nos próximos días”.
Saída complicada
“Non creo que sexa mal momento. É un dos mellores equipos da liga e nós afrontaremos o partido igual que todos, sexa cando sexa e baixo calquera circunstancia. Pola tanto espero competir ben”.
Primeiras tres xornadas duras
“O obxectivo é competir, aprender e mellorar. O resultado é secundario, pero se podemos facer máis puntos mellor, senón non nos volveremos tolos”.