Previa das promesas: Mañá dominical crucial en Vilagarcía

O domingo, con cambio de hora incluido, desprázase a expedición da Liga Galega Promesas do Rosalía ata Vilagarcía de Arousa onde se vai a disputar a terceira concentración da fase final da competición, penúltima do grupo “A” e derradeira do grupo “B” que quedará xa decidido.

Abrimos a nosa participación as 11:00 co partido entre o Promesas “A” e o Valladares, rival co que tivemos unha dura pugna no grupo sur e que na segunda fase non rendiron o seu nivel e chegan sin aspiracións matemáticas a clasificarse. De todas maneiras toda confianza é mala ante un moi bo rival, no noso equipo contamos ca sensible baixa da nosa adestradora Alba Rodríguez que organizou unha viaxe familiar para estas datas, nas que primeiramente non estaba previsto houbera competición e logo cambiouse cando ela xa organizara a escapada…

As 12:00 o Promesas “B” de Juanma Bello, que este domingo ten dobre ocupación, enfróntase no partido da xornada ó Interrías na derradeira xornada do grupo “B”. En caso de que a UD Mos non sexa capaz de gañar ó San Mateo as 10:00, as rapazas nosas non se xogarán nada xa que chegarán matemáticamente clasificadas. En caso de que o Mos venza as nosas precisarán de al menos un empate (que clasificaría os dous conxuntos) no seu partido. Independientemente do resultado que se produza, ninguén poderá quitar esta maravillosa segunda fase de grupos que realizaron as nosas peques do “B” que despois de quedar colistas na primeira fase están a un pequeno paso de entrar na Fase Final. Sorte rapazas e pase o que pase disfrutade e que ninguén os borre o sorriso.

Ás 13:00 volve á competición o promesas “A” para enfrontarse o equipo anfitrión o Atlético Arousana, que ó igual que o Valladares no rendiu o seu nivel na segunda fase, pero que espoleado polo seu público ben seguro que lle porá moi complicadas as rapazas do noso “A” que non poderán ter ningún traspiés de queren clasificarse á fase final que o día 13 o noso clube organizará no Monte da Aira de Velle.

Cartel oficial da 3ª concentración en Vilagarcía de Arousa

Sorte a todas Rosalías!!!

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content