As peques do “B” xa están na fase final

Terceira xornada de concentración da fase final da primeira edición da liga galega promesas que nos levou ata Vilagarcía de Arousa.

O Atlético Arousana aproveitando o seu 25° aniversario organizou unha perfecta xornada de fútbol base feminino acompañada ademáis dun clima espectacular.

O noso clube xogaba tres partidos consecutivos na xornada de mañá. Abría a nosa intensa mañá o promesas “A” de Alba Rodríguez que non podía estar presente por motivos personais. Juanma Bello tivo a responsabilidade de dirixir os tres partidos consecutivos antes de sair pitando para xogar co seu clube a Peroxa CF. As nosas promesas enfrontábanse a un vello coñecido, as nosas amigas do Valladares, o cadro de Anita sorprendeunos cun cambio de porteira que lle complicou moito a vida as nosas que se veían incapaces de batila. Ao final unha victoria moi traballada e unha hora por diante para descansar e animar as compañeiras do “B” antes de enfrontarse as anfitrionas.

Sempre é un pracer enfrontarnos ó Valladares sexa a categoría que sexa

As peques do “B” chegaban a Vilagarcía pensando en xogar o partido da xornada, pero o traspiés da UD Mos, que empatou no primeiro partido da mañá co San Mateo nos intres finais do encontro, facía que as nosas peques e o Interrías chegaran xa clasificadas para a fase final. Só quedaba decidir que equipo se clasificaría no primeiro posto, as nosas cun empate chegáballes, pero as peques de Juanma sin presión ningunha desmelenáronse para maniatar ao seu rival e dominalo de principio a fin conquerindo unha cómoda victoria deixando a Paula como mera espectadora do partido e conseguindo una primeira posición do grupo B ca que ninguén contaba.

As peques celebran un tanto en Vilagarcía

No derradeiro partido da mañá, cun retraso considerable por causas alleas á organización, o noso promesas “A” se enfrontaba as anfitrionas do Atlético Arousana. Contábamos cun partido complicado, pero as nosas promesas non están pola labor de deixar solas ás súas compañeiras do “B” o día 13 e dende o primeiro minuto fixéronse donas do balón e comezaron a acosar a portería local conseguindo unha cómoda victoria que as pon a falta dunha xornada cerca de conseguir poder chegar a fase final do Monte da Aira.

O promesas “A” fixo un bo partido ante as anfitrionas do Atlético Arousana

Tres partidos e ningún gol en contra, o mellor dato da mañá, bo xogo, moita diversión e para rematar a nosa visita a Vilagarcía de Arousa visitamos unha coñecida pizzería para repor enerxías e voltar a Ourense co obxectivo un pouco máis preto no caso do “A” e cun merecidísimo e inesperado premio no caso do promesas “B”.

Repoñendo forzas e disfrutando da convivencia

Grandes Rosalías!!!

Check Also

A nova categoría xa ten plan competicional

Os equipos da Escola de Fútbol Feminino Rosalía xa coñecen o seu primeiro rival, así …

Skip to content