Ata Coruña se desprazou a expedición das nosas peques para disputar a segunda concentración da fase final da Liga Galega Promesas.
Houbo que madrugar xa que abriamos a competición contra o poderoso Victoria CF de Santiago no grupo “A” e un percance no autobús fixo que o equipo de Alba se tivera que cambiar no autobús e que saltará directamente dos seus asientos ó verde onde se disputaba o partido.
O partido foi moi disputado e moi loitado de principio a fin ante un conxunto de gran calidade técnica. Nos instantes finales cando parecía que o empate era claro, nunha xogada de fortuna as santiaguesas lograron materializar un tanto que lle infrinxía a primeira derrota da tempada en partido oficial o noso promesas “A”.
O equipo de Juanma Bello, ausente nesta ocasión e dirixido pola nosa multifuncións Alba Rodríguez, abriu a concentración enfrontándose ó Pastoriza “B” un conxunto moi físico que nos empatou nos intres finais sen tempo de reacción para as nosas peques que están a cuaxar unha fase final espectacular.
Xa pola tarde e trala comida nun restaurante herculino, o noso equipo “B” se enfrontaba a un rival vello coñecido a UD Mos o cal lograron vencer nun apretado partido por 2-1.
No partido do “A” fronte a outro vello coñecido, as Vikingas de Barrantes do Umia CF, tivéronse que empregar a fondo para remontar os dous tantos cos que se distanciaban as súas rivais. Ó final victoria cómoda ainda que sufrida diante dun rival que ten moito futuro cas súas pequenas.
Finalizada a concentración de Coruña todo queda no aire. No grupo “A” o Victoria de Santiago lidera o grupo con un punto por diante de nós. Logo seguennos de cerca o Orzán e máis o Umia… ben seguro que a concentración deste fin de semana en Vilagarcía antóxase decisiva.
En canto o grupo “B” as nosas peques lideran o grupo un punto por diante do Interrías e tres puntos por diante da UD Mos. Este fin de semana decídese todo despois de que a UD Mos se enfronte ó San Mateo e as nosas peques de Juanma Bello se enfronten ó Interrías. Un empate clasifica as nosas guerreiras e incluso a derrota si a UD Mos non é quen de vencer ó San Mateo.
A loitar guerreiras!!!