Rolda de prensa de Iván Canal, previa 1ª xornada de liga

Iván Canal compareceu en rolda de prensa na sede do clube para analizar a previa do encontro de mañá domingo fronte á EDVM Pereiró CF (Monte da Aira de Velle; 11:00h).
 
En primeiro termo analizou o que foi a pretempada para despois falar mais polo miúdo do partido do domingo, encontro que significa o debut do equipo senior na Liga 2019/20.
 

Iván, comeza a competición, cómo afrontades esta nova tempada?

“Comezamos mañá domingo coa ilusión de crecer outro ano máis mellorando pouco a pouco na competición. Despois dun mes de adestramentos as rapazas están preparadas para comezar a competir contra un equipo como o Pereiró, que é un dos favoritos para lograr o ascenso”.
 
¿Cómo chega o equipo ao primeiro partido?
“En canto a preparación, considero que chegamos fortes tras un mes de adestramentos nos que prácticamente adestramos todos os días”.
 
¿Cómo afrontades este primeiro encontro?
“Nos tomamos o primeiro partido como proba para saber o o nivel que temos na liga pero cun obxectivo claro, ao principio sairemos a competir os partidos sen meter presión as xogadoras en canto a resultados”.
 
 
As tres primeiras xornadas serán fronte aos que a priori serán os tres favoritas pola loita cara os ascenso, comezo demasiado duro.
“Eso según se mire, está claro que serán rivais moi duros pero eu teño unha filosofía na que ao comezo é un bo momento para enfrontarse aos equipos fortes”.
 
Problemas cos amistosos de pretempada.
“Supón un problema non haber disputado máis partidos amistosos, sobretodo para coller ritmo de competición e gañar en experiencia como equipo. Ademáis a miña idea de xogo non puiden traballala ao non ter mas partidos”.
 
Baixas cara a primeira xornada.
“As baixas de Yadira, Sabela e Andrea son moi importantes, sobre todo porque son xogadoras con experiencia, teñen un perfil técnico parecido e poden xogar en diferentes posicións o que permite facer variacións ao longo don partido”.
 
¿Satisfeito coa plantilla?
“Estou satisfeito coa plantilla, o único problema que xoga na nosa contra é a diferencia de nivel que teñen unhas con respecto a outras xogadoras, a experiencia é que cinco ou seis xogadoras veñen do fútbol sala o que vai facer que leve tempo estabilizar o nivel de todas”.
 

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content