Previa das senior xor.15 – Viaxamos a Bueu


Despois do parón navideño volve a competición para o noso senior e facémolo afrontando un duro desprazamento a Bueu.

O conxunto pontevedrés leva unha boa traxectoria en liga e aupouse á cuarta praza despois de encadear bos resultados durante as derradeiras xornadas do 2018. Na ida, no Monte da Aira xa foi quen de vencernos por un apretado 3-4 nun disputado encontro.

As senior voltan con moitas gañas de mellorar os números da primeira volta

O noso equipo recupera a Andrea despois da súa escordadura de xeonllo, unha das xogadoras con máis experiencia da plantilla a pesar de atoparse inda en idade xuvenil, de seguro que en caso de ir citada a nosa banda esquerda farase máis forte ca súa presencia.

Andrea ven de completar a semana de entrenos con total normalidade e está lista para poder entrar na lista

As nosas viaxan con ilusión de facer un bo partido e por qué non, traerse algo positivo de Bueu e seguir mellorando os números da primeira volta. O partido disputarase no Novo Municipal de Bueu o domingo a partires das 18:30 da tarde.

Check Also

Rosalía-Praiña: a pola terceira vitoria seguida

O noso equipo, que encadea dúas vitorias seguidas, busca seguir o refacho no Municipal de …

Skip to content