Hoxe ás 9 da mañá, moi cedo debido aos compromisos tempranos dos nosos políticos como o pleno extraordinario de hoxe, cunha gran representación de autoridades procedimos á inauguración, ou mellor dito reinauguración do antigo Estadio do Couto, que a partir de hoxe pásarase a denominar “Estadio Alba PlayStation”.
Jose Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, na súa primeira decisión no cargo, fruto dun anteproxecto fraguado no pasado consello de ministros que busca recoñecer os dereitos das deportistas ocupando un lugar central na sociedade, decidiu conceder á EFF Rosalía a explotación do antigo Estadio do Couto e pasalo a denominar Estadio Alba PlayStation, na honra da nosa directiva, xogadora e adestradora pilar fundamental do clube.
A decisión, que non foi de agrado dos dous clubes anteriormente inquilinos da instalación, a UD Ourense e o Ourense CF é un feito sin precedentes no deporte ourensán. O Ourense CF voltará para Oira e a UD Ourense, nunha decisión de tres dos cinco directivos da EFF Rosalía, que son socios do clube unionista, ocupará no estadio as horas que os tres equipos do Rosalía non o ocupen. Así o partido fronte o Racing Vilalbés é moi probable que se teña que disputar o domingo 13 de xaneiro ás 10:00 da mañá.
O noso clube ven de rematar unhas reformiñas no estadio co beneplácito da Xunta de Galicia que inclúen a instalación de veladores, a reforma de pintura exterior e a instalación dos nosos patrocinadores en vallas publicitarias.
Este verán o noso clube ten pensado instalar unha zona vip para autoridades, unha gardería infantil e unha tenda gourmet no antigo Bar CD Ourense que rexentará a empresa ourensá Coren.
Na inauguración, na que asistirón Feijoo, Jose Ramón Lete, Marta Míguez, Jesús Vázquez e Rosendo Fernández, entre outros… todas autoridades coincidiron en que a decisión da Xunta é todo un acerto e abre unha nova época de apertura de miras no deporte galego.
A próxima xornada da Liga Galega Promesas de Fútbol 8 xa se disputará no noso novo estadio o día 13 de xaneiro ás 12:00 ca presencia de Louzán, Feijoo e o presidente da Federación Española de Fútbol o Señor Rubiales que ven de confirmar asistencia. O saque de honra será a cargo da nosa directiva, xogadora e adestradora Alba Rodríguez que cederá o seu nome ó estadio.