Un novo reto para o noso xoven equipo senior, esta vez na nosa sede do Monte da Aira onde recibimos a visita da SDC Ponte Caldelas.
Un Ponte Caldelas que iniciou a competición por todo o alto goleando o Areas por 14-0 e que despois dese atracón ven de cosechar duas derrotas por sendos 5-1 ante o Atlántida Matamá “B” e o Rápido Pereiró, dous conxuntos dos chamados a estar arriba nesta categoría.
As nosas preséntase o partido ca novidade de Patricia Leal que despois de tres semanas de espera por fin conseguimos rematar ca burocracia que a sua licencia requería, seguro que toda este esforzo para conseguir a sua licencia merece a pena e podemos disfrutar da sua calidade no verde de Velle.
Estamos seguros que as xogadoras de Alonso e Bolaño teñen moitas ganas de sacar algo neste test como local xa que o que non se pode negar e que durante a semana este equipo traballa e traballa moi ben. É un gusto comprobar como nos entrenamientos respírase traballo e moi bo rollo por parte dunha plantilla que ata fai ben pouco nin se coñecían.