Unha nova cara nos entrenos das promesas

Nas últimas datas tivemos unha nova incorporación no organigrama técnico dos nosos equipos promesas.

Dende fai un par de semanas incorporouse Laura Doce, unha ferrolá de 20 anos xogadora do Ourense Envialia FSF que axuda a Alba e Juanma os mércores e xoves de cada semana.

Esta xogadora antes de aterrar na nosa cidade realizou toda a sua traxectoria deportiva na sua cidade natal de Ferrol, pasando polas categorías inferiores do Racing de Ferrol, Parrulo FS e na Fervenza FSF onde pasou a maioría da sua carreira e clube do cal procede.

Nas duas semanas que levamos puidenos comprobar que Laura adaptouse perfectamente a nosa cidade e o noso clube pola empatía que demostra en cada sesión cas nosas pequenas xogadoras.

Graciñas Laura por compartir a tua experiencia cas nosas promesas e esperamos disfrutes da nosa estancia no noso clube e no noso Ourense.

Check Also

Segunda fase Liga Alevín

Os nosos dous equipos representantes quedaron enrolados nos subgrupos D3 e D4.Regresa a liga Galega …

Skip to content