Unha mala segunda parte condena as nosas senior

Demasiado castigo o que recibiron as nosas senior na mañá do domingo no Monte da Aira. O Ponte Caldelas, que si foi superior físicamente durante todo o partido, o que vai a ser a tónica xeral co noso xovencísimo equipo, foi quen de levarse unha goleada a favor que non mereceron.

A primeira parte foi de poder a poder. O noso equipo fenomenalmente colocado en defensa foi quen de evitar en todo momento que o Ponte Caldelas xenerara perigo sobre a portería de Rocío. No medio campo a loita era de poder a poder e Ainara e Alba ca colaboración na media punta esta vez de Zaira eran capaces de disputarlles a posesión o conxunto rival.

Chegamos o descanso cun xustísimo empate sen goles e a sensación de que se podía loitar de tu a tu pola victoria.

A segunda parte comezou ben para as nosas e tivemos un par de claras ocasións de adiantarnos no marcador. Na grada soñábase ca victoria, pero o Ponte Caldelas nunha boa acción de ataque conseguiu poñerse por diante cun disparo cruzado que entrou chorando na portería. Ese gol fixo moito dano as nosas e baixouse en exceso a cabeza e os brazos e moito máis despois que nunha falta directa tres minutos máis tarde chegara o segundo das visitantes.

Tiraron do carro as máis “veteranas” do equipo para levantar a moral e nun bo envío cruzado Patricia Leal, que hoxe se estrenaba con nós, caneou o seu lateral e polo primeiro pau batiu a porteira do Ponte Caldelas poñendo o 1-2 no marcador. Parecía que as rapazas despertaran e que se podían levar algo positivo do partido, pero a diferencia física fixo que pronto o equipo visitante aumentara diferencias e as nosas sentíronse impotentes para remontar.

O final un 1-5 que é demasiado abultado para os que vimos a totalidade do partido, pero os goles son os que mandan no fútbol e o resultado é demasiado duro para o traballo desenvolto polas nosas xogadoras nos 90 minutos de xogo.

Toca levantar a cabeza e traballar como ata agora como mínimo para seguir madurando e o venres espéranos unha durísima saida a Valladares para enfrontarnos a un dos mellores equipos da categoría no que a bo seguro será un partido duro pero ideal para seguir collendo a experiencia necesaria para nun futuro poder competir.

No apartado de “Fotografías” da nosa web xa podedes atopar a galería de fotos do partido cortesía do noso directivo @yuse_pontino

Check Also

Touro-Rosalía: a polo cuarto posto

O noso equipo visita o Municipal de Loxo no encontro da 22.ª xornada de Liga …

Skip to content