A EFF Rosalía e Rocío acordaron a ampliación do contrato por un ano máis.
Unha vez rematada a tempada a directiva da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía e Rocío acordan ampliar o contrato da porteira, quedando vinculada ata o 30 de xuño de 2021.
Rocío Suárez cumprirá así a súa terceira tempada na EFF Rosalía, á cal chegou proveniente da SD Nogueira de Ramuin.
A porteira, de 13 anos de idade debutou no Campo de San Mateo o 30 de septembro do 2018 e ata o momento disputou 48 partidos, todos eles coma titular.
A tempada pasada realizou todos os adestramentos previos da Selección Galega sub-15, pero no último momento quedou fora da convocatoria da seleccionadora Susú Cores para desprazarse a Lezama e disputar a primeira fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas.
No acto de renovación Rocío destacou que “renovar coa EFF Rosalía gústame moito, pois creo que a nova tempada preséntase para disfrutar e poder seguir aprendendo cousas novas e seguir crecendo como futbolista”.
“Afronto a nova tempada ca mesma ilusión ou máis ca anterior. A pasada tempada a nivel individual foi bastante boa ,disfrutei coas convocatorias para adestrar coas seleccións galega e ourensana e penso que me serviron para mellorar pero tamen para ver o fútbol dende outra perspectiva”, analizou a xogadora da EFF Rosalía senior.
“A nivel colectivo creo que todo o equipo melloramos moitísimo e acercámonos aos primeros postos. Foi unha magoa as lesións dalgunhas compañeiras e rematar como se fixo pola pandemia. Temos moito que dar e que aprender todas xuntas e faremolo na vindeira tempada”, rematou dicindo Rocío.