“Vane” Abadín incorpórase como axudante á EFF Rosalía infantil

A ourensá chega ao clube despois de oito anos na arbitraxe.

Despois de completar o staff técnico do equipo senior, chega o turno para o filial, que un ano máis estará dirixido por Alba Rodríguez pero contará coa axuda dunha nova adestradora, Vanesa Abadín “Vane”.

A ourensá, nacida na rexión de Baviera (Alemaña), comezou moi cedo a xogar ao fútbol no F. C. Marktleuthen, club no que estivo ata os 16 anos idade. Xa en Ourense pasou por varios equipos da provincia de fútbol sala, Castrelo, Xunqueira de Espadanedo e Peroxa.

Fai oito anos comezou no mundo do arbitraxe, pero o seu amor polo fútbol fíxolle querer probar tamén dende o seu punto de vista máis didáctico, “sempre estiven moi unida ao fútbol e cáusame curiosidade velo das máximas perspectivas posibles, despois de xogar tantos anos e arbitrar tantos partidos, quería afrontar un novo reto que me chamaba a atención dende hai tempo”, destacou Vane na sua presentación.

Vanesa dirixindo un encontro a tempada pasada.

Vane, de 28 anos de idade incorpórase esta tempada, baixo as ordes de Alba, ao equipo infantil e ademáis colaborará coa EFF Rosalía senior con labores de delegada nos partidos da casa.

“Afróntoo con moita ilusión e moitas ganas de aprender e achegar meus coñecementos as nenas para competir ao máximo con elas”, sinalou a nova axudante de Alba.

Benvida ao Rosalía!!!

Vane no momento de estampar sua firma ante a mirada do presidente.

Check Also

O Infantil vence no último partido do ano (1-4)

As pontinas derrotan ao conxunto sanxenxeiro nun encontro no que tiveron que remontar o gol …

Skip to content