A centrocampista, de 23 anos, procede da SD Tordoia e conta con amplia experiencia no fútbol galego.
Marta Besada Garrido (Vigo, 1997) é nova xogadora da Escuela de Fútbol Femenino Rosalía. A Centrocampista, de 23 anos, incorpórase á disciplina do equipo senior procedente da SD Tordoia, donde xogou as derradeiras tres tempadas.
Formada no Cidade das Burgas (Ourense) de fútbol sala, continuou a súa carreira catro anos despois cambiando de disciplina para comezar a súa experiencia no fútbol na desparecida UD Barbadás feminina, onde formou parte do plantel que xogou na 1ª Galicia, conseguindo no seu primeiro ano o ascenso de categoría e xogar a final da Copa Galicia fronte o Villestro SD de Santiago. Posteriormente en 1ª nacional, mantivo a categoría dous anos ata a desaparición do equipo. Nesa etapa tamén foron asiduas as súas convocatorias coa Selección Galega Feminina sub-18, todo isto nas tempadas 13/14 e 14/15.
Na tempada 2015/16 chegou a comarca do Salnés para defender a camiseta do Atlético Arousana de 1ª Nacional, mantendo a categoría nas duas tempadas nas que estivo no clube arousano. As derradeiras duas tempadas cambiou o sur de Galicia para xogar na SD Tordoia de Coruña, equipo no que viviu a tristura do descenso, por golaveraxe, no seu primeiro ano pero tamén a ledicia do ascenso conquerido a tempada pasada pertencendo ao Grupo I da 2ª división feminina galega.
A nova Rosalía destacou: “Coñecín o Rosalía dende os seus inicios, cando aínda era unha idea de proxecto e tíñamos que convencer de que había interese para que se fixera un clube así. Lembro estar na biblioteca de Medicina debuxando un boceto de escudo que Alba me pedira. Un clube que levaba o nome de Rosalía, 100% feminino, ourensán e moi galego a min facíame moita ilusión. Levo seguíndoas dende o inicio, consciente de que a miña situación vivindo en Compostela non me permitía xogar en Ourense, pero ca palabra de que cando volvera quería xogar eiquí. Aínda que logo ó rematar este ano non estaba moi convencida a nivel personal de retomar a competición, supoño que Miguel Saa terminou por convencerme”.
“O que máis me gusta da EFF Rosalía é precisamente iso, o seu compromiso co fútbol feminino, co crecemento en valores, achegando ás nenas o que moitas non puidemos ter, as gañas de facer as cousas ben e voltar a por o fútbol feminino ourensán no mapa”, indicou a nova xogadora.
O noso presidente Mario Gómez declarou na presentación de Marta que “A fichaxe de Marta é moi importante polo que representa. Unha xogadora ourensá de calidade que non descuida a súa formación e que lles pode mostrar as nosas xogadoras de primeira man que estudiar unha carreira tan dura como a de medicina non é incompatible con xogar ao fútbol”.