As de Tobaruela, que afrontan unha eliminatoria a partido único, buscará clasificarse para a segunda rolda da competición (12.00 h, Youtube EFFRosalía).
Encontro decisivo para a Escola de Fútbol Feminina Rosalía, que disputa a primeira eliminatoria, a partido único, dos playoffs de ascenso a Primeira División Autonómica. O Municipal de Oira será o escenario do choque entre Chantada e as de Tobaruela (12.00 h, Youtube RosalíaTv). Non hai outro obxectivo que lograr unha vitoria que permita ao equipo pasar á seguinte rolda da competición.
As azuis están a callar unha boa tempada e tentarán chegar ata o final dos playoffs. Por eso, para gañar primeiro ao Chantada, as de Tobaruela terán que empregarse a fondo ante un rival que non perdeu catro dos últimos cinco encontros. No caso de que o parttdo acabe con empate non haberá prorroga, o vencedor decidirase desde os once metros.
Rosalía foi o equipo que menos goles recibiu como local en toda a 2.ª División con 2 tantos, xunto a Orzán ‘B’ e Lóstrego ‘B’
O labor defensivo será outra das claves para este choque, As azuis avantaxan neste apartado ao conxunto chantadino, xa que soamente encaixaron 6 tantos esta tempada fronte aos 34 do seu rival. Unha das protagonistas do refacho goleador das pontinas é Zaira, autora de 14 dianas e é unha das convocadas para o partido de mañá.
CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteiras: Rocío e Karla.
Defensas: Noa, Sabela, Lú, Laura, Sampayo e Feijóo.
Centrocampistas: Candela, Aldarita, Bonjoch e Ester.
Dianteiras: Zaira, Noui, Vicky e Clau.
O encontro de mañá será o primeiro que disputen ambos os equipos en competición oficial. Azuis e vermellas enfrontáronse en tres ocasións en partidos de preparación, cun balance de 3 vitorias: 3-4 en Sangoñedo, 0-1 no triangular a favor da Asociación contra cancro de Chantada e 6-0 o pasado verán en Oira para as nosas.
Chantada
O rival nesta primeira rolda é un equipo que tivo unha tempada irregular segundo xogue en casa ou a domicilio, onde logrou 5 vitorias, 3 empates e 5 derrotas, a última a pasada semana fronte a Arzúa (3-2). No apartado ofensivo, destaca Ángeles Santos con 15 tantos e Laura e Tania con 10 dianas cada unha.