Tobaruela: “Competimos moi ben en todos os sentidos”

“Agardo que sigan nesta liña na semifinal que temos que disputar o domingo vindeiro”, comentou o técnico.

Pere Tobaruela atendeu aos medios do club en zona mixta do Municipal de Oira ao termino da clasificación a semifinais da fase de ascenso a 1.ª División Galega Feminina Arzúa-Ulloa DOP. O técnico catalán dixo: “Primeiro partido desta fase de ascenso, resolto con solvencia polo equipo. As xogadoras estiveron un chisquiño nerviosas nos compases iniciais mais acabaron entrando en xogo axiña e dominamos ás rivais en todo momento. Competimos moi ben en todos os sentidos ante un Chantada que saleu valente ao campo”.

Resultado merecido
“Pódese dicir, despois do visto sobre o verde, que foi unha vitoria traballada e que as nosas xogadoras buscaron a vitoria desde o asubío inicial. Agardo que sigan nesta liña na semifinal que temos que disputar o domingo vindeiro”.

Mellor acerto cara porta
“Nos adestramentos estamos incidindo bastante na finalización, como xa dixen noutras ocasións. Estamos subindo a porcentaxe de acertos e iso é bo a estas alturas da tempada”.

“Nesta fase de ascenso non vai haber rival fácil nin partido tranquilo”

PERE TOBARUELA, adestrador EFF Rosalía senior

Primerira eliminatoria superada
“Cada partido é un mundo e este non se pode dicir que fora doado. As xogadoras tiveron que traballar a fondo para acabar impoñéndose ao Chantada. Nesta fase de ascenso non vai haber rival fácil nin partido tranquilo”.

Silva, próximo rival
“Desde xusto despois do partido contra o Chantada empecei a recopilar información sobre o Silva. O martes, no primeiro adestramento semanal, xa poremos fío á agulla para prepararnos ben contra unhas rivais que seguro que non van poñer as cousas fáciles. A un partido todo é posible”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content