Rosalía-Chantada: cuarto test da pretemporada para o senior

As de Tobaruela enfróntanse no Municipal de Oira a un rival que milita en Segunda División Autonómica (21:00 h, venres).

A Escola de Fútbol Feminina Rosalía continúa coa súa posta a punto antes de debutar na Segunda División Autonómica Feminina. Mañá, o conxunto dirixido por Tobaruela medirase ante un novo rival da Segunda División, a SD Chantada (21:00 h). Será o cuarto amigable da pretemporada e o segundo no Municipal de Oira.

Silvia Chao, que arrastra molestias dende a fin de semana, foi dúbida ata o último momento, mentres que Sara Rodríguez será a novidade na convocatoria de 18 do técnico catalán.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteiras: Rocío e Valeria.
Defensas: Matilde, Sabela, Laura Añón, Feijóo, Noa, Lucía Pérez e Silvia Sampayo.
Centrocampistas: Aldarita, Bonjoch, Aroa, Candela e Sara Rodríguez.
Dianteiras: Noui, Zaira, Silvia Chao e Vicky.

Noui foi a xogadora máis destacada no último partido entre ambos equipos.

O partido de mañá será o terceiro amigable entre ambos conxuntos, despois dos disputados en 2019 con motivo do Triangular a favor da Asociación Contra ou Cancro de Chantada na Barrela e o de pretemporada da campaña 2019/20 en O Sangoñedo con vitoria do noso equipo por 3-4 con goles de Laura (2) e Eva para as locais e Noui (3) mais un en propia porta das chantadinas para pontinas.

Novo partido para seguir preparando ao equipo ante un rival da mesma categoría que a campaña pasada terminou segundo no Grupo IV cun balance de 16 vitorias, un empate e 3 derrotas.

Check Also

Triunfo do sénior en Ribeira con triplete de Noui

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía imponse a Aguiño con tres goles da ourensá, un …

Skip to content