O equipo xoga no Monte da Aira co obxectivo de sumar a súa terceira vitoria en casa no campionato (17:00 h, sábado).
A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía chega ao ecuador da Liga. O equipo comeza hoxe a segunda volta enfrontándose ao Lalín no Monte da Aira, no encontro correspondente á sexta xornada do campionato (17:00 h, sábado).
A EFF Rosalía buscará a súa quinta vitoria na Liga, que sería a terceira en casa, e prolongar a sete a serie de xornadas consecutivas de Liga invicto. Noui e Yadira, con 3 goles cada unha, son as xogadoras do plantel que máis tantos marcaron fronte ao conxunto lalinense.
Saa sentarase no banquiño e compareceu na roda de prensa previa ao encontro e comentou: “A verdade é que agora temos que seguir nesta liña de xogo, sobre todo máis que de resultados e tratar de pensar partido a partido. Ir tratando de mellorar as facetas que son mellorables e seguir un pouquiño nesa liña”.
Convocatoria
O técnico catalán cita a 16 xogadoras, coa novidade de Patricia e as infantís Ester e Sara Rodríguez, para recibir á E.F. Lalín no Monte da Aira:
Porteira: Rocío.
Defensas: Sequeiros, Noa Domínguez, Yadira e Sabela.
Centrocampistas: Ainara, Patricia, Aida, Aldarita, Noa Fírvida, Ester, Sara Rodríguez e Saray.
Dianteiras: Noui, Silvia e Zaira.
O rival
O Lalín arrinca a xornada na parte baixa da clasificación. O conxunto de Alex González conseguiu 1 punto nas 5 xornadas de competición (1 empate e 3 derrotas) e ten en Laura Rodríguez (3) á súa máxima goleadora e nos últimos dous partidos perderon fronte a Monteforte (1-2) e Milagrosa (2-0).
Precedentes
O partido de mañá sábado será o segundo enfrontamento en competición oficial entre ambos equipos. Na primeira volta, a visita do Rosalía ao Manuel Cortizo saldouse cun 7 a 0 favorable ás azuis con goles de Noui (3), Yadira (3) e Saray.