Saa: “Temos que seguir nesta liña de xogo”

“O nivel de xogo e de actitude ten que ser sempre o máis alto posible”, dixo o adestrador.

Miguel Saa compareceu ante os medios de comunicación na sala de prensa da sede da Escola de Fútbol Feminino Rosalía antes do último adestramento previo ao encontro contra o Lalín (17:00 h; Monte da Aira): “A verdade é que agora temos que seguir nesta liña de xogo, sobre todo máis que de resultados e tratar de pensar partido a partido. Ir tratando de mellorar as facetas que son mellorables e seguir un pouquiño nesa liña”.

Relaxación
“Claro que poden baixar un pouquiño a intensidade e que apareza algo de relaxación pero, un pouco, creo que ese é o noso obxectivo dende o corpo técnico, tratar de esixilas e de promover unha competitividade interna entre as xogadoras que faga que ningunha se relaxe e poder seguir concentradas para o que queda”.

Clasificación
“Iso tamén é algo que non sabemos cando se vai a producir. Cando se dará a situación de que xoguen os partidos aprazados os outros equipos do grupo porque un destes equipos que ten dous partidos aprazados, ao final son seis puntos e nas distancias que se está xogando a Liga este ano ningún equipo se pode fiar”.

Baixas
“Veremos un pouco como vai o adestramento de hoxe e en función de iso decidiremos o once. Nos tratamos de que o posto o vaian gañando adestramento a adestramento, entón as baixas tamén nos fan que todas vexan que acá podemos estar un día unhas e un día outras pero o nivel de xogo e de actitude ten que ser sempre o máis alto posible”.

Zaira e Noui
“Sabemos que son dúas xogadoras que teñen moito gol e as que teñen aí arriba as aproveitan pero tamén están marcando outras xogadoras. Yadira leva tres goles, Besada leva un par deles e finalmente temos bastantes xogadoras que poden marcar gol e se os teñen que meter todos elas tampouco sería un problema”.

Patricia
“Sabiamos que o ano pasado fora unha xogadora importante, que nos da outra alternativa máis en ¾ de campo a verdade, é unha chegada que ilusiona un pouco e que nos da alternativas á hora de ter competencia nesa zona”.

Check Also

Aldara Gonzalez amplía o seu contrato co senior ata 2024

A xunqueirá sumou un ano á súa anterior rúbrica, que a unía a Oira ata …

Skip to content