O conxunto pontino recibe este domingo (12.30 h, Campo Municipal de Oira, tiivi.gal) ao Lóstrego B nun encontro correspondente á xornada 24 da Primeira División Galega. As azuis chegan nunha gran dinámica e co obxectivo de seguir presionando o liderado.
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía afronta un novo compromiso ligueiro desde a segunda posición con 53 puntos, a tan só seis do líder, tras un refacho moi sólido nas últimas xornadas. O conxunto dirixido por Alberto Tamayo acumula unha dinámica positiva (4 vitorias e 1 empate nos últimos 5 partidos), confirmando a súa regularidade tanto en ataque como en defensa.
O precedente da primeira volta reforza a idea de que espera un duelo esixente. Entón, o noso sénior impúxose por 0-1 en Vigo grazas a un gol de Añón no minuto 37, nun encontro moi igualado que o conxunto pontino soubo sacar adiante con oficio e solidez. As ‘azuis’ queren facerse fortes de novo en casa para seguir presionando a zona máis alta da táboa nun tramo de tempada cada vez máis esixente. O rival chegará a Oira como un equipo competitivo, con números que reflicten a súa capacidade para discutir os partidos. Con todo, o seu momento actual contrasta co do nosso equipo, xa que encadea catro derrotas nos seus cinco últimos partidos, un refacho que as pontinas tratarán de aproveitar para impoñer o seu mellor dinámica.
“O equipo chega nun bo momento, con confianza e compromiso”, Alberto Tamayo.
“Sabemos que será un partido esixente. Lóstrego B é un rival con talento arriba e que xa nos puxo en dificultades na primeira volta. Temos que manter a nosa identidade e competir coa intensidade que vimos mostrando”, valorou así a cita o noso técnico na previa.
CONVOCATORIA

Lóstrego ‘B’
O conxunto vigués é sétimo con 43 puntos e presenta uns números competitivos, especialmente lonxe do seu campo, onde sumou 7 vitorias, 2 empates e 3 derrotas. Ademais, marcou 45 goles no que vai de campionato, un rexistro que confirma a súa capacidade para xerar perigo e castigar calquera desaxuste. En ataque, unha das súas principais referencias é Mónica, que suma 13 goles e figura entre as máximas realizadoras do grupo. Xunto a ela tamén destaca Candela Donato, con 8 tantos, duas futbolistas que concentran boa parte do peso ofensivo do equipo e que obrigarán a manter a atención defensiva durante todo o encontro.




E.F.F. Rosalia Escola de Fútbol Feminino