A unha vitoria de gañar a Fase consolación

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía Infantil enfróntase ao Xuventude de Crendes co obxectivo de conquistar o título no Municipal O Pinar da Fase consolación (16:00 h, Vizoño – Abegondo).

A Escuela de Fútbol Femenina Rosalía ten mañá a oportunidade de proclamarse campioa da Fase consolación da Liga Galega Infantil Feminina. A falta dunha xornada para a conclusión, o noso equipo necesita sacar o mesmo resultado que Arousana e Obradoiro para certificar o título. As de Castro intentarán logralo en Abegondo fronte ao Xuventude de Crendes (16:00 h, Municipal O Pinar).

O poder ofensivo do equipo será fundamental logo de non marcar na última xornada. Outra das claves será o espectacular momento de forma que vive o equipo no aspecto defensivo, menos goleado nesta fase, suma 4 tantos en contra en 7 partidos.

Os números a domicilio durante esta fase invitan ao optimismo. De feito, dos 3 encontros disputados ata a data como visitantes, as de Castro só perderon un (1-0 frente a Colegio Obradoiro). “Ás nenas failles moita ilusión o feito de poder quedar primeiras, pero a propósito de que gañar é unha posibilidade, nunca unha obrigación”, indicou na roda de prensa o técnico, que convocou a estas xogadoras.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Aldara.
Defensas: Ainara, Aitana, Miriam, Noa Sanz e Aline.
Centrocampistas: Alma, Xiana, Blanca, Sara, Nair e Lucía Torres.
Dianteiras: Antía, Candela Losada, Victoria e Candela Sanmiguel.

O rival
O conxunto que dirixe María Rodríguez arrinca a xornada na cuarta posición, a tres puntos do primeiro posto. O Xuventude de Crendes chega á cita tras perder a domicilio ante o Atlético arousana na pasada xornada. A súa máxima goleadora é Lucía González, con 11 dianas nesta fase.

É campeón si:

CAMPIÓNGAÑAEMPATAPERDE
RosalíaDa igual os outros resultadosPerden ou empatan Obradoiro e ArousanaPerden Obradoiro e Arousana
ObradoiroPerde Rosalía e Arousana non gaña por 2 goles mais que Obradoiro seu partidoPerde ou empata Arousana e Rosalía perde cunha diferencia de +9 goles ante CrendesNon ten opcións
ArousanaPerden Rosalía e Obradoiro. Arousana tería que gañar por +2 goles de diferenciaPerden Rosalía por +10 goles e Obradoiro por +2 goles de diferenciaNon ten opcións
CrendesPerden Obradoiro e Arousana e gaña a Rosalía por +22 golesNon ten opciónsNon ten opcións

Check Also

O Infantil cae derrotado ante o Lóstrego CF (0-7)

As azuis non puideron puntuar en casa ante un rival moi superior. A Escola de …

Skip to content