A EFF Rosalía Infantil enfróntase este sábado á SCD Milagrosa na 2ª xornada da Fase “Título Consolación”.
Subindo como a espuma. Malia non disputar ningún partido en 20 días, as azuis deixaron moi boas sensacións -e traballo- sobre o terreo de xogo a semana pasada. Tempo para recapacitar, asentar e coller enerxía para o que vén: un Milagrosa seguro que con moita fame de lograr os seus primeiros tres puntos.
No plano deportivo, Castro deu unha lista de 16 xogadoras para recibir o domingo á SCD Milagrosa no Municipal de O Seixo.
CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Aldara.
Defensas: Candela Currás, Aline, Aitana, Miriam e Ainara.
Centrocampistas: Nair, Diana Carballo, Sara, Lucía Torres e Alma.
Dianteiras: Candela Sanmiguel, Zaira, Victoria e Antía.
Pola súa banda, as blanquibermellas chegan a este partido en 6ª posición sumando 0 puntos na primeira xornada; perdendo en Lugo (0-3) fronte a Atlético Arousana.
O duelo estará dirixido pola colexiada Uxía Boimorto do Comité Técnico de Árbitros de Ourense.



