San Mateo-Rosalía: o Cadete busca a súa oitava vitoria en Liga

O ‘filial’ disputa a domicilio a 17ª xornada da Liga Galega Cadete Feminina (16:30h, Ponteareas).

Primeiro partido sen o corpo técnico que empezou a tempada para a Escuela de Fútbol Femenina Rosalía, que visita ao San Mateo na 17ª xornada da Liga Galega Cadete Feminina (16:30h, Ponteareas). O conxunto agora dirixido por Alberto Tamayo busca mañá a súa oitava vitoria en Liga e a terceira consecutiva tras gañar o pasado fin de semana á Milagrosa por 3-0.

As pontinas intentarán repetir a boa actuación ofensiva da primeira volta fronte a un rival que non puntúa nas dúas últimas xornadas. O Sporting Club San Mateo presenta un balance de cero triunfos, dous empates e catorce derrotas esta tempada en O Cruceiro, onde empatou dous dos 8 encontros disputados.

A primeira convocatoria do técnico eventual ata final de tempada está composta por 16 xogadoras, na que entra Xiana Carballo por Lucía Novoa, ao ser baixa de última hora a defensa.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Valeria.
Defensas: Aroa, Matilde, Lucía Pérez, Sofía, Laura Añón, Silvia e Noa Domínguez.
Centrocampistas: Noa González, Sara Bonjoch, Candela Bouzas, Lucía Caride, Lidia e Xiana Carballo.
Dianteiras: Claudia e Nerea.

Check Also

Fin de semana da Liga Cadete

Vitoria do ‘Amarelo’ e derrota do ‘Azul’. Fin de semana de compromisos oficiais para os …

Skip to content