Rosalía-Mos ‘B’: Partidazo

As de Miguel Saa, que encadenan oito partidos de Liga invictas, afrontan a 14ª xornada fronte ao líder, única derrota da tempada (12:00 h; Municipal de Oira).

A Escuela de Fútbol Femenino Rosalía recibirá mañá domingo ao actual líder, a UD Mos ‘B’ no encontro correspondente á decimocuarta xornada de Liga (12:00 h). O noso equipo afronta o duelo no Municipal de Oira inmerso nunha boa dinámica, logo de encadear oito partidos de Liga invicto (sete vitorias e un empate), cun balance de 36 goles a favor e cinco en contra. As de Miguel Saa veñen de vencer 1-3 ao Vilariño na súa visita ao Municipal de San Pedro, mentres que os seus rivais tiveron xornada de descanso. As pontinas están disputando unha grandísima tempada, consolidadas nos catro primeiros postos na clasificación, e tratarán de poñerlles as cousas moi difíciles ao actual líder. O obxectivo, buscar o liderato nunha xornada na que se enfrontan os catro primeiros clasificados, cunha diferenza de tres puntos entre primeiro e cuarto.

Domingo, 11:30h – Lóstrego CF ‘B’ (2º) vs Club Peñasco (4º)
Domingo, 12:00h – EFF Rosalía (3º) vs UD Mos ‘B’ (1º)

As azuis queren desquitarse do partido de ida e, co apoio dos seus afeccionados, farán fronte ao mellor equipo do Grupo VI. Si na anterior xornada a protagonista destacada foi Ana con tres goles que valeron tres puntos en Nigrán, no último partido en casa a xogadora máis decisiva foi Fara, quen logrou un gol e “medio” cunha asistencia.

“É importantísimo puntuar todas as semanas e non imos pensar que esta semana sexa diferente. Ao final, é unha oportunidade de aproximarnos na táboa, pero non é un partido a vida ou morte”, dixo Saa na roda de prensa previa ao encontro. Este partido será o estreo no primeiro equipo de Silvia e Claudia Castro. A defensa e a dianteira do equipo Cadete forman parte da convocatoria que deu o técnico para este encontro.

CONVOCATORIA EFF ROSALÍA
Porteira: Rocío.
Defensas: Sabela, Noa Domínguez, Bea, Paqui e Silvia.
Centrocampistas: Aldarita, Aida, Patricia, Fara, Ester e Lidia.
Dianteiras: Zaira, Ana, Noui e Claudia castro.

O líder
O Mos ‘B’ está sendo o dominador do Grupo. O conxunto amarelo é o líder en solitario invicto nos once partidos disputados (10 vitorias e un empate). As de Roberto Sueiro están mostrando un fútbol moi ofensivo, marcaron 54 goles e veñen de gozar da xornada de descanso e golear ao Gondomar no seu último partido. As súas xogadoras referencia, Sara Cuiñas e Candela Rodríguez levan 17 e 13 goles respectivamente.

A cita da decimocuarta xornada na 2ª División Autonómica Feminina dará comezo ás 12.00 horas no Municipal de Oira co beneplácito do colexiado ourensano Javier Luís Prendes. Non será televisado pero poderán saberse os detalles do encontro o luns na nosa web e ao finalizar o encontro a través da conta oficial de twitter do club.

Check Also

Triunfo do sénior en Ribeira con triplete de Noui

A Escola de Fútbol Feminino Rosalía imponse a Aguiño con tres goles da ourensá, un …

Skip to content